xoves, 20 de novembro de 2014

Nota de prensa da 1ª Asemblea

Todo comeza cun xesto de "convite".

Celebrouse a 1a ASEMBLEA CIDADÁ de Cambre
Este xoves día 13 de novembro celebrouse a primeira dunha serie de ASAMBLEAS CIDADÁS no local sociocultural da Barcala, a que asistiron perto de 100 persoas.

Comezou a asemblea coa elección dunha persoa voluntaria que exercese de moderadora e outras dúas persoas para levantar acta dos acordos. Inmediatamente procedeuse a acordar unha orden do día que foi:
1. Presentación e debate da proposta política de conformar unha Asamblea Cidadá en Cambre.
2. Formación de comisións de traballo.
3. Recollida de enderezos electrónicos para manter a comunicación interna.
4. Fixación do día, hora e lugar da vindeira Asamblea Cidadá.

Expuxeronse os principios políticos e as arelas que motivaron o lanzamento desta iniciativa aberta e asamblearia, en principio impulsada por ANOVA e EU de Cambre, que percura como obxectivo constituir un movemento social activo e democrático con vocación de permanencia e unha plataforma electoral para gañar as vindeiras eleccións municipais e instaurar un novo xeito de participación política.

Recollese a experiencia dos movementos sociais, das novidades que supuxo o 15-M e a tradición de loita polos dereitos democráticos, avanzando a unha proposta actual con modos de participación próximos a cidadanía e escrupulosamente respetuosos coas liberdades, coidando que non existan mecanismos de control partidario.

Acordouse que fose incluido no Manifesto fundacional un párrafo respecto dun código ético de funcionamento interno e para os cargos e representantes públicos da Asamblea cidadá, que propuxo un dos asistentes, que se identificou como membro de PODEMOS.

Seguidamente, despois dun intenso e variado intercambio de palabras, pasouse a votar a proposta de constituir comisións de traballo que foi aprobada por unanimidade.

Foron formadas as comisións polas persoas que voluntariamente se ofreceron para participar nelas e son: Código Ético, Comunicación, Organización, Política e Diversidade Funcional. A función de redacción de propostas de Programas queda incluido na Comisión Política. Quedou pendente de futuras asmableas crear outras comisións como Dereitos da Muller e poden xurdir novas iniciativas a medida que as persoas queiran constituilas, así como comisións por parroquia ou barrio.

Acordouse que a seguinte Asamblea Cidadá sería en Cambre o xoves día 4 de Decembro as 8 e media no local da Terceira Idade, e se non houbese permiso no Local Sociocultural do Temple. Como puntos da orden do día, ademáis dos que se poidan consensuar alí mesmo, estarán : Os encontros con Mareas e outros movementos asamblearios de Galicia dentro do momento político actual e a información e debate das aportacións elaboradas nas comisións de traballo.

Un participante propuxo que é necesario poñer unha hora límite para a duración das asambleas para evitar o seu prolongamento e outra participante quedou en facer unha proposta didáctica sobre sistemas de organización e dinamización dos procesosasamblearios e de debate para que sexan áxiles e efectivos sen menoscabo do dereito a libre participación e expresión.
Levantouse a xuntanza as 22h. 45’ da noite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario