O programa ao respecto da participación cidadá.

PARTICIPACIÓN. #ACdCticonstrues

Un Concello democrático só será posible cambiando a forma de facer política e cunha aposta pola participación cidadá. Faise necesario acadar un cambio político que conleve un xiro cara o social, cultural e ético coa transparencia na xestión pública como principal ferramenta.


Impulsar o actual Regulamento de Participación Cidadá co obxecto de poñer ás veciñas e veciños no centro da política municipal e que posibilite a súa participación nas decisións, planificación e execución das políticas públicas e xestión de servizos públicos.

Establecer mecanismos de consultas populares ou referendos para asuntos de transcendencia municipal.

Promover a accesibilidade directa dos veciños ós políticos e técnicos municipais fomentando a eliminación de trabas burocráticas.

Instaurar a revogabilidade dos cargos públicos ou moción de censura popular despois de transcorrida a metade da lexislatura, por un número superior ó 25% dos electores da circunscrición.

Levar un control estrito do absentismo dos cargos electos nas súas responsabilidades. Fixar sancións específicas por deixación de funcións.

Publicar obrigatoriamente o patrimonio de todos os cargos públicos.

Limitar o número de asesores e de cargos de confianza política e transparencia nos nomeamentos e nas súas retribucións.

As contratacións municipais realizaranse a través de comisións específicas, cuxo funcionamento será transparente, as súas decisións públicas e nas que participarán os representantes de todos os grupos municipais.

Retransmitir os Plenos a través da páxina web do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario