O programa ao respecto dos servizos sociais.

SERVIZOS SOCIAIS #ACdCsolidaridade


Apostamos por uns servizos sociais fortes, que garantan os dereitos da cidadanía e impidan a exclusión social. Defendemos políticas que atendan ás necesidades dos nosos veciños e veciñas.


Instaurar comedores escolares en datas estivais.

Elaboración e aprobación dun Regulamento para a xestión do banco de alimentos, delimitando as funcións especificas do voluntariado e dos propios funcionarios municipais.

Estudar e proxectar a construción dun centro de día público para maiores.

Mediar cos entes bancarios e promover políticas para acadar o obxectivo xeral de unha vivenda digna para todos.

Creación dunha bolsa de vivendas para aluguer social.

Potenciar o transporte público adaptado ás persoas con diversidade funcional, mediando cos entes necesarios para conseguir as mellores e mais completas concesións.

Asumir o canon bus-bici por parte do Concello ás persoas con recursos limitados.

Crear un bono bus solidario para familias con salarios que non superen dúas veces o IPREM .

Crear un programa de axudas ó transporte público para o traslado dos universitarios á facultade.

Dotar de orzamento suficiente para os servizos básicos como auga, luz e gas para aquelas persoas en risco de exclusión social.

Creación dun servizo de atención domiciliaria profesional e formación específica do persoal que preste dito servizo a persoas con diversidade funcional.

Potenciar as vivendas subvencionadas e adaptadas das persoas con discapacidade.

Promover a conciliación da vida familiar e laboral dos país e nais con discapacidade, con medidas tales como o servizo de “respiro” para as persoas coidadoras, así como de “talleres respiro” para nenos e nenas con diversidade funcional.


Procurar ás persoas con discapacidade lugares de encontro, lecer e espallamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario