O programa ao respecto da xuventude e o deporte.

XUVENTUDE E DEPORTES #ACdCfuturosan


O deporte debe ser utilizado como un instrumento de apoio ó sistema educativo, coma un reforzo onde as familias e os grupos socias poden educar en valores dunha forma integradora e sa.
A xuventude do Concello debe recuperar os espazos de decisión que se fixeron inútiles estes últimos anos. As asociacións culturais, deportivas, musicais son representativas das inquedanzas dos nosos xóvenes. O Concello debe darlles o valor que teñen, apoiando as actividades que desde estas asociacións se promoverán.

Participar na vida municipal os mozos e as mozas, desenrolando convocatorias de voto xuvenil en asuntos que lles afecten de xeito específico.

Crear modelos de xestión participada polos moz@s desenrolando os seus propios espazos.

Instituír unha Semana da Mocidade como foro de discusión e de participación.

Potenciar o deporte como medio educativo a través de actividades nas rúas e prazas así como o fomento dos xogos populares e tradicionais.

Acondicionar as instalacións deportivas tanto municipais coma nos centros educativos, instalando aparcadoiros de bicicletas. Asimesmo actualizaranse os parques e espazos deportivos ó aire libre.

Crear un banco solidario de material deportivo. Recollida de material deportivo usado e posta a disposición dos usuarios.

Promover a rehabilitación da casa e local social da Ruta.

Potenciar a Casa da Xuventude optimizando as súas instalacións e os seus usos.


Elaboración e Aprobación dun Regulamento do Deporte realizado con ampla participación, para regular a relación entre o Concello e os clubes en materia de subvencións, sedes e regulamento do uso das instalacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario