CÓDIGO ÉTICO ASEMBLEA CIDADÀ DE CAMBRE


  
CÓDIGO ÉTICO ASEMBLEA CIDADÀ DE CAMBRE (ACdC) (pendente punto 5)



A ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE nace para cambiar  o xeito de facer política e rematar coa separación entre gobernantes e gobernados, activando a participación da veciñanza na toma de decisións que nos afectan.

A pertenza á ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE  implica asumir o compromiso ético que forma parte dos seus principios básicos, tanto a nivel persoal como sobre todo no exercicio do poder delegado nas institucións.

Principios do código ético :

1)     A elección de cargos para a ACdC e de candidatos e candidatas ás eleccións municipais se realizará mediante primarias e listas abertas que respectarán a paridade de xénero.

2)     Promover e garantir a participación democrática directa de todas as persoas na toma de decisións relevantes, entre elas os orzamentos.
Os cargos públicos electos someterán a consulta, non vinculante, ao conxunto da cidadanía de Cambre os posibles pactos post electorais .
Non se conformarán Gobernos nin se apoiará a formación de novos grupos municipais nos que participen cargos declarados tránsfugas.
Posicionamento público dos concelleiros e concelleiras en temas estratéxicos e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico.    
Os cargos públicos electos establecerán espacios asamblearios de debate en barrios ou parroquias, cando menos unha vez cada 6 meses. Así mesmo, faranse no concello unha vez cada trimestre polo menos, e con carácter inmediato cando a urxencia do asunto o requira .

3)     Establecer procedementos de control da xestión política dos representantes elexidos que asumirán o sometemento á asemblea garantindo a transparencia, rendición de contas e revogación, chegado o caso. 
Visibilidade das axendas dos representantes electos, respectando a lexislación en materia de protección de datos.

4)     Limitación de mandatos: Dúas lexislaturas serán o máximo para os cargos da ACdC, que excepcionalmente a Asemblea poderá prorrogar a unha terceira lexislatura. 
Así mesmo non poderán ser candidatos quenes xa o foron perante dous mandatos consecutivos e excepcionalmente poderán presentarse a unha terceira lexislatura. 

5)     Limitación salarial que se estableza con carácter xeral para cada nivel de representación institucional, asumindo a total transparencia dos ingresos por calquer concepto e a obriga de rendir contas públicas.
Os representantes institucionais públicos da Asemblea Cidadá facilitarán información completa dos seus ingresos, bens e rendementos ao tomar posesións e despois da declaración da renda anual, así como todos os posibles datos de interese para a detección de conflictos de intereses e para a elaboración de auditorías cidadáns. De igual maneira faranse públicos os ingresos e gastos que xere o grupo municipal.

6)     A non aceptación por parte dos cargos electos de obsequios nin agasallos derivados da súa actividade.

7)     Evitar acumulación de cargos tanto organizativos como institucionais, que non deben xerar incremento salarial. Procurarase que sexan distintas persoas os concelleiros e concelleiras e os representantes ou voceiros da asamblea para garantir mellor a doble función de alternativa electoral e movemento social.

8 )    Excluír o financiamento  bancaria para as actividades da Asemblea Cidadá de Cambre.

9)     Obriga de denunciar ilegalidades.

10)    Compromiso de :

    a) Funcionamento democrático tanto nas asembleas da ACdC. como no exercicio da actividade do grupo municipal. 
  b) Colocar as persoas como o centro da actividade política, priorizando os obxectivos sociais, culturais, educacionais, de saúde e o medio ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario