O programa ao respecto do medio ambiente e a ecoloxía.

MEDIO AMBIENTE E ECOLOXIA #ACdCnatureza


Entendemos que os nosos bens naturais como a auga, a enerxía, o chan, os bosques e ríos non poden ser mercadorías. Os nosos recursos deben ser fonte de riqueza e de memoria, polo que temos que protexelos e coidalos, gozando deles de forma sostible.

Acondicionar as ribeiras e zonas de baño no paseo Fluvial do Río Mero.

Acondicionar e sanear a Ría do Burgo.

Fomentar a creación e uso das Aulas da Natureza, con función divulgativa e de explotación cultural do entorno natural do Concello.

Instaurar políticas ecolóxicas baseadas nas 3 R (Reduce, Reutiliza, Recicla) e na idea de sosteñibilidade, nos colexios e espazos municipais.

Instar ó estímulo empresarial para a creación de Empresas Verdes.

Creación dun plan de prevención e loita contra os incendios forestais, fomentando a repoboación de especies autóctonas.

Erradicar e detectar os vertedoiros incontrolados no municipio. Estudar a implantación de novos puntos limpos.

Promover os espazos naturais propios do municipio e puntos estratéxicos como o Encoro de Cecebre, o paseo fluvial do Río Mero e Ría do Burgo.

Creación dun plan de Saneamento e Redes de sumidoiros naquelas parroquias que carezan deste servizo.


Recuperación e control da salubridade das fontes parroquiais para uso dos veciños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario