O programa ao respecto da igualdade e a integración.

IGUALDADE E INTEGRACIÓN #ACdCsomostod@s


A desigualdade e a discriminación son incompatibles coa democracia. Por isto, apostamos por políticas activas que teñan como eixo fundamental a igualdade entre as persoas, considerando este principio como unha cuestión prioritaria para o desenrolo dunha sociedade máis xusta e solidaria.

Desenrolo de actividades escolares con formulacións que potencien valores non se xistas e contrarios a calquera tipo de discriminación.

Promover a participación das comunidades de inmigrantes no tecido asociativo e nos organismos de participación cidadá así como o seu acceso a programas formativos.

Creación de dispositivos de urxencia para aquelas mulleres vítimas de violencia en coordinación con outros concellos.

Promover formas paritarias de contratación funcionarial e laboral para aqueles postos nos que exista escasa representación de mulleres.

Mellorar os servizos de comedor e mañanceiro, axeitando estas actividades á conciliación da vida laboral e familiar.

Incluír a perspectiva de xénero nos contratos que se subscriban, así como na planificación de programas públicos e nas condicións de subvencións.

Elaborar un estudo para a implantación de servizos municipais de coidados tanto infantís como de persoas dependentes para tratar de visibilizar un tipo de traballo que recae normalmente nas mulleres.

Facilitar a información e tramitación en canto á renovación da residencia, reagrupación familiar e inscrición no censo electoral dos inmigrantes residentes no concello.

Promocionar dende o concello campañas de distintos colectivos e asociación LGTBI, así como impulsar campañas propias sobre os dereitos e a diversidade de estes colectivos.


Impulsar campañas de información que denuncien comportamentos homofóbicos, biofóbicos ou transfóbicos de cara a promover comportamentos e actitudes de respeito e igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario