ECONOMÍA
#ACdCtransparencia
Compre unha urxente reforma das fontes de finanaciación local. Queremos un Concello forte con capacidade política de decisión, con competencias e recursos económicos suficientes para procurar solución ás eivas sociais cada vez máis presentes.
Favorecer
aos que menos teñen
mediante a progresividade fiscal. Non poden recaer as cargas
impositivas nas persoas con menos recursos.
Realizar
un estudio para a redución
ou exención
de impostos municipais ás
persoas mais vulnerables.
Esixir
a compensación
do Goberno do Estado pola ocupación
dos terreos polos que discorren as vías
de alta capacidade no noso Concello.
Incrementar
o gravame das vivendas baleiras en propiedade de entidades
financieiras.
Recuperar
o rural. É
necesario
apoiar a
creación
de cooperativas produtoras.
Consolidar
a redistribución
orzamentaria reducindo a partida de gastos de representación
e protocolarios e investindo na formación
e o desenrolo do pobo.
Municipalizar
os servizos públicos.
Defendemos o papel do público
na economía
polo que propoñemos
municipalizar servizos que actualmente xestionan empresas privadas
con especial atención
ós
seus traballadores.
Potenciar
os valores locais e as súas posibilidades turísticas a través de promocións nos festivos para incrementar as visitas ó concello,
co fin de dinamizar os ingresos no sector turístico local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario