O programa ao respecto dos servizos públicos.

SERVIZOS PUBLICOS #ACdCdetodosparatodos


Queremos uns Servizos Públicos que garantan a protección social, suspendendo calquera proceso de privatización, para prever e eliminar as causas que conducen á exclusión social dende uns servizos públicos, universais e descentralizados.

Mellorar o alumeado público e eliminar as zonas escuras.

Realizar unha auditoría das vías de titularidade municipal e programar a actualización da seguridade viaria. Naquelas que non sexan de titularidade municipal (Deputación, Xunta, Estado) levar a cabo as xestións necesarias para instar a ditas administracións para o mantemento das vías.

Crear vías de circunvalación potenciando o transporte público e a utilización de medios sostibles así como outros medios alternativos e non lesivos co medio natural.

Potenciar o tren de proximidade co estudo para a construción dun apeadeiro no entorno da urbanización da Barcala e levar a cabo as xestións necesarias para mellorar a frecuencia das liñas nos apeadeiros xa existentes.

Incluír entre as infraestruturas unha liña radial de transporte público que comunique Cambre cos outros concellos da área metropolitana.

Elaborar un estudo para a posta en marcha dunha liña interurbana de autobús nocturno en función da demanda e necesidades.


Desenrolar un plan de Mobilidade urbana para a instalación de paradas de autobús nos centros de reunión do municipio, así como nos centros sociais, de saúde e instalacións municipais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario