O programa ao respecto do urbanismo.

URBANISMO #ACdCprogresosostible


O PXOU debe ser o eixo vertebrador e documento fundamental para o desenrolo de Cambre nos próximos anos. Terá como fundamento o modelo urbanístico de Cambre que queremos e precisamos, co fin de favorecer a convivencia cidadá e o desenrolo sostible do concello.
É necesaria a máxima participación veciñal na súa elaboración: Será o documento que determinará a futura planificación urbanística do Municipio desterrando prácticas especulativas e pensando no interese xeral da cidadanía.

Crecemento sostible: Un PXOU que contemple un crecemento equilibrado, respectando a configuración histórica do municipio é a súa personalidade propia.

Crecemento dos núcleos urbanos: Potenciar un modelo de desenrolo dos actuais núcleos de poboación ante a dispersión.

Completar a estrutura urbana e territorial do término municipal.

Todas as parroquias coas necesidades cubertas: Cubrir as necesidades de equipamentos comunitarios e de dotacións públicas.

Valorar e conservar o patrimonio cultural.

Crecemento con sentido medio ambiental: Defender as características xerais do paisaxe e áreas singulares de interese.

Industria concentrada: Reconducir o proceso de asentamento disperso de actividades industriais .

Infraestruturas seguras: Elaborar un plan de soterramento das liñas eléctricas de media tensión.

Creación dun plan de accesibilidade urbana coa supresión das barreiras arquitectónicas existentes para que as nosas rúas e edificios públicos sexan plenamente accesibles para todos e todas.


Acondicionar aparcamentos para vehículos nas zoas mais urbanizadas do concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario