O programa ao respecto do emprego.

EMPREGO #ACdCformacionepromoción


Ante as alarmantes cifras de desemprego que sufre o noso Concello, e que están provocando moitos dramas familiares, e convencidos de que a loita contra o paro debe ser unha das prioridades da nosa acción política, levaremos a cabo as seguintes medidas:

Creación dunha bolsa de traballo pública e rotatoria baixo os principios de transparencia, igualdade e mérito para persoal en risco de exclusión social e desempregados.

Plan de emprego e formación para desempregados e desempregadas, con políticas orientadas á formación e inserción laboral para colectivos especiais en risco de exclusión.

Constitución dunha Mesa polo Emprego, na que formen parte todos os entes sociais e empresariais.

Poñer en funcionamento un viveiro de empresas co obxecto de favorecer a creación de novas empresas en Cambre e a consolidación das existentes.

Desenrolar políticas locais de cara á creación de novos xacementos de emprego para persoas con diversidade funcional.

Fomentar o pequeno comercio local como forma de manter a cohesión social fronte as grandes superficies comerciais.

Incluír a Cláusula Social nas contratación do Concello priorizando as pequenas empresas e autónomos locais nunha firme aposta polo mantemento e creación de emprego en Cambre.


Potenciar o Servizo de información e formación para o emprego especialmente dirixido á xuventude, portelo de información e asesoramento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario