O programa ao respecto da cultura.

CULTURA #ACdCcompromisoconoso


O Concello debe apoiar activamente a cultura e fomentar o desenrolo das artes. A educación cultural da cidadanía debe ser impulsada con instrumentos de participación que dote de apoios e recursos individuais e colectivos.

Crear un Rastro popular estable no Temple.

Crear obradoiros para a formación de empregos tradicionais, coñecementos naturais e recuperación do noso patrimonio etnográfico.

Potenciar as actividades extraescolares tanto deportivas como de carácter cultural, prestando un interese especial ó coñecemento das nosas tradicións.

Poñer en valor o triángulo cultural formado por a Casa Reitoral convertida en Museo de Cambre Historia e Vida, Xacemento Romano e Castro de Cambre.

Dar comezo ás xestións cara a recuperación do Castro de Cambre.

Crear novos cursos monográficos innovadores de formación cultural impartidos nos centros socioculturais do Concello: Músicas contemporáneas e mestura, modelado e vaciado, litografía e gravado, banda deseñada…

Instaurar contacontos das lendas e vivenzas dos nosos maiores nos centros públicos do Concello e posteriormente crear un recompilatorio para que forme parte da Historia de Cambre.

Programación de actividades musicais e culturais para os dias de feira e festivos.

Activación da actividade musical en todo o Concello, promovendo a participación de solistas ou grupos locais para a programación de música na rúa e nos locais do Concello.


Impulso e dinamización do Rock in Cambre. Promoveremos a creación de festivais e actividades musicais e escénicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario