O programa ao respecto da educación.

EDUCACIÓN #ACdCconosofuturo


A Educación pública, universal e gratuíta é a única garante dunha sociedade máis xusta conformada por unha cidadanía máis libre e máis crítica. O Concello debe defender unha educación pública, de calidade e inclusiva.

Mediar coa Xunta de Galicia para proxectar a construcións de novos centros infantís.

Solicitar e mediar coa Universidade da Coruña para que cubra as formacións que demanden os cidadáns.

Creación de programas de Educación Viaria para a formación de peóns, usuarios de bicicleta ou vindeiros condutores, en valores de respeito e prudencia, a través de actividades lúdicas nas rúas e polideportivos do Concello.

Desenrolar plans informativos adicados a instauración dun medio de vida baseado na idea da Dieta Saudable e o Ocio Deportivo.


Potenciar nos colexios plans de concienciación, prevención e acción contra as drogas, o tabaquismo e o alcoholismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario